publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O comité de Adif cre que aínda se descoñece a razón pola que o maquinista non freou

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Porriño
A-
A+
Europa Press

O comité de empresa de Adif en Vigo advertiu este venres de que, aínda non se coñecen todos os detalles do accidente ferroviario do Porriño (no que morreron 4 persoas e 49 resultaron feridas), entre eles, “o máis importante”: por que se produciu o exceso de velocidade e o maquinista non freou malia a sinalización e os avisos.

A presidenta do comité, Amparo Alonso (CIG), sinalou, en declaracións aos medios tras manter un encontro con candidatos do BNG pola provincia de Pontevedra, que o exceso de velocidade “era unha das posibilidades que se barallaba” como causa do accidente.

Non obstante, precisou que ese dato, coñecido tras a análise das caixas negras de convoi, “di moito e non di nada”, porque falta por saber “o máis importante”: “cál é o motivo” de que se producise ese exceso de velocidade (118 quilómetros por hora no momento de descarrilamento, cando debía circular a 30 por hora) e de que o maquinista non frease.

“CÚMULO DE CIRCUNSTANCIAS”

“Seguimos sin saber que pasou, se houbo un fallo mecánico,…”, indicou Alonso quen, en todo caso, subliñou que “se algo se aprendeu de Angrois é que (as causas dun sinistro así) “son un cúmulo de circunstancias”.

“Pode haber algo, que sexa o máis visible, pero hai moitas cousas detrás”, afirmou, ao tempo que reiterou que ese trazado ferroviario, que forma parte da liña que discorre a beiras de Miño “está esquecido”. Segundo denunciou, “non se fixo nada” pola súa modernización, salvo “cambiar algunha travesa”.

16 de setembro de 2016 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.