publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O BNG pide comisión de investigación sobre o tren do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Europa Press

O BNG criticou este venres que o Estado “ratea” os investimentos en seguridade e modernización ferroviaria, e reclamou que Galicia teña competencias nesta materia, para impulsar e mellorar os trens de proximidades. Así mesmo, reclamou que se constitúa unha comisión de investigación sobre o descarrilamento dun convoi no Porriño, que se saldou con catro mortos e 49 feridos.

Así manifestouno o número 1 da lista do BNG por Pontevedra, Luis Bará, tras manter unha reunión, xunto con compañeiros da súa candidatura, con representantes dos comités de persoal de Adif e de Renfe en Vigo.

O candidato reclamou a mellora nas infraestruturas ferroviarias e nos trazados, tanto interiores, como as conexións de Galicia coa Meseta e con Portugal. Neste último caso, onde se produciu o accidente o pasado 9 de setembro, lamentou que se cobre cun “tren do século XX nunha vía do século XIX”.

“Non podemos consentir que o Estado siga rateando diñeiro para estas cuestións, porque xa levamos demasiados accidentes, e isto é insostible”, apuntou.

ACCIDENTE

Con respecto ao descarrilamento do Porriño, segundo Luis Bará, “a experiencia de Angrois demostrou que o máis importante é saber a verdade”, algo que “non se cumpriu” en Santiago. “Parece que, ao final, a culpa sempre é do maquinista”, indicou.

Por iso, expresou o seu convencemento de que “hai que esixir unha comisión de investigación” (sobre o Tren Celta) “como non houbo no de Angrois” para que “se coñeza a verdade, que é o que permitirá tomar medidas para corrixir deficiencias e erros”.

16 de setembro de 2016 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.