publicidade hoxe

O alcalde de Entrimo denuncia que o lume se puido evitar se enviasen medios antes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Entrimo (Ourense), Ramón Alonso (PSOE), denunciou este xoves que o grande incendio que arrasa unhas 2.500 hectáreas no municipio “se”puido evitar se enviasen medios antes”.

En declaracións, o alcalde de Entrimo quéixase de que “faltaron medios”, pois se se atacase o lume dende un primeiro momento as consecuencias non serían tan “desmedidas”, nun incendio que comezou o martes e tamén afecta o veciño Concello de Lobios.

Ao respecto, considera “escaso” o apoio recibido, nun operativo que, segundo considera, actuou de forma “descoordinada”, mentres os veciños “se viron desamparados”.

Ademais, bota en falta “información” por parte da Xunta, xa que lamenta non recibir “nin unha chamada” por parte do Goberno galego sobre o seguimento da tarefas co lume.

Con todo, sinala que na mañá deste de xoves a situación mellora, xa que non corren perigo as vivendas dos núcleos habitados como o da Illa, despois de que se declarase situación 2 pola proximidade coas casas.

Segundo a Xunta, no operativo traballan este xoves 24 motobombas, oito helicópteros, 39 britadas, tres avións, dúas axentes e dúas pas.

8 de setembro de 2016 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.