publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Navantia Fene rexistra un novo proxecto de eólica marina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, celebrou a adxudicación dun novo pedido de pezas eólicas para Navantia Fene por parte de Iberdrola. En relación a este proxecto, denominado ‘East Anglia’ en Escocia, comparecen na tarde deste mércores os presidentes de ambas as dúas empresas , así como o titular da Xunta.

“Temos loxicamente que esperar á concreción deste contrato por parte de Iberdrola e Navantia, pero non hai dúbida de que Navantia está a recuperar o pulso non só a través da construción militar e da construción civil”, destacou Conde, a preguntas dos medios de comunicación.

Tras recordar distintos contratos asinados nos últimos meses, o conselleiro falou dunha “nova etapa na que se conseguiu devolver a actividade ao estaleiro de Astano”. “E esta nova perspectiva, este novo contrato, pode permitir esa consolidación de Navantia no ámbito naval e sobre todo da diversificación”, engadiu.

Neste sentido, valorou a “puxanza” que está a “permitir recuperar carga de traballo” e, “sobre todo”, situar a Navantia como “un dos elementos impulsores da reactivación económica do sector naval en Galicia”.

“Unha boa noticia que vai permitir que Galicia siga crecendo e siga sendo máis competitiva, creando empregos, e sobre todo que Galicia poida diversificar a súa actividade no sector naval a través da eólica ‘off shore”‘, resumiu.

FLOTEL

Por outra banda, cuestionado pola entrega do flotel de Barreiras esta xornada, resaltou que con ela “se”cumpre un obxectivo: cumprir un compromiso por parte de Pemex, un compromiso con Galicia e co sector naval”.

“A entrega significa polo tanto o cumprimento dese compromiso. Pemex desenvolveu un labor determinante na recuperación do sector naval nun momento en que Galicia e España estaban a atravesar por moitas dificultades dende o punta de vista da carga de traballo”, expuxo.

Ao respecto, o responsable en materia de economía dixo que “a contratación dos dous floteles e a participación dos estaleiros galegos na renovación da flota menor significou o comezo da recuperación do sector naval”. “Polo tanto, Pemex xogou un papel determinante e definitivo”, incidiu.

De aí que trasladara o seu “agradecemento a Pemex polo cumprimento dese obxectivo, por cumprir os compromisos adquiridos con Galicia e con España” e felicitou tamén a Barreiras “por cumprir con ese obxectivo que era a construción do flotel, que lle vai permitir consolidar a súa posición na construción deste tipo de buques”.

“Dende logo, hoxe é un día moi positivo para o sector naval. Non só por ese novo contrato de Navantia, senón moi particularmente tamén porque coincide coa entrega dun flotel que foi a clave para o inicio da recuperación do sector naval en Galicia”, insistiu.

7 de setembro de 2016 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.