publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Licitada a ampliación do IES Francisco Asorey, en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de ampliación do IES Francisco Asorey, na localidade pontevedresa de Cambados. O orzamento para esta actuación ascende a 924.376,91 euros. O anuncio pode consultarse no enlace http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160920/AnuncioG0164-150916-0001_gl.html .

O obxectivo da actuación é dar resposta ás necesidade de escolarización deste centro, concretamente no referido á formación profesional. Non en balde, as obras teñen como principal función acoller a FP Básica e mais a adaptación dos ciclos profesionais a 2000 horas. Así mesmo, levaranse a cabo distintas melloras nas instalacións existentes na totalidade do centro educativo.

A obra iniciarase co estudo estrutural da edificación e a demolición dunha parte da cuberta existente para proceder á construción de novos espazos destinados a aulas e espazos polivalentes. A ampliación, que se realizará no segundo andar da edificación actual, contempla a construción de 2 aulas polivalentes, 3 aulas taller e 2 aulas de desdobre, en total 7 novas aulas, ademais de aseos adaptados para o profesorado e almacén de limpeza, nun total de 656,90 m². Ademais, faranse as melloras necesarias para facilitar o acceso ao novo volume e para integralo no conxunto do edificio actual

A obras está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01. (expediente ED 31/16-O).

20 de setembro de 2016 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.