publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Infraestruturas informa ao Concello de Cotobade da disposición de crédito para licitar as obras de mellora da estrada PO-234

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeSucesos
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Cotobade

Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Cotobade

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, ao que lle trasladou que o Consello da Xunta xa habilitou o crédito orzamentario para licitar neste ano as obras de mellora da estrada PO-234, entre Cruce ao Portasouto e Augasantas.

Vázquez Mourelle explicoulle ao rexedor que o Goberno galego xa dispón do proxecto da fase I desta actuación, que ten un orzamento de máis de 633.000 euros. Neste sentido, o Concello de Cotobade informou de que, pola súa banda, ten moi avanzada a posta á disposición dos terreos, o que posibilitará avanzar neste proxecto.

No que se refire á fase II, no Concello de Ponte Caldelas, a Xunta xa dispón do proxecto redactado e licitarase en canto conte cos terreos necesarios.

Por outra parte, a conselleira tamén indicou que as obras de mellora do firme na estrada entre Carballedo e San Xurxo de Sacos (PO-232) xa foron adxudicadas á empresa Ovisa e comezarán de inmediato.

Nesta vía realizaranse tarefas de fresado e reposición do firme en puntos localizados, ao longo de case 10 quilómetros, cun investimento total de máis de 154.000 euros.

6 de setembro de 2016 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.