publicidade hoxe

Francisco Conde destaca en Monforte que os Espazos Coworking impulsan o emprendemento contribuíndo a fixar poboación no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+
Francisco Conde no encontro cos emprendedores monfortinos

Francisco Conde no encontro cos emprendedores monfortinos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nun encontro cos emprendedores do Espazo Coworking de Monforte que asistiron a un obradoiro de formación e asesoramento gratuíto sobre Lean Startup, un procedemento para identificar ao cliente ideal e axustar o seu modelo de negocio para crecer. Neste foro, o titular de Economía sinalou a importancia das aceleradoras, xa que explicou que impulsan o emprendemento contribuíndo a fixar poboación no rural.

Neste Espazo Coworking, que a Xunta desenvolve da man da Escola de Organización Industrial (EOI), están a participar 18 proxectos de 24 emprendedores que entre as ideas empresariais que presentaron destacan a realización de novos negocios en distintas plataformas dixitais; a comercialización de xeito innovador de produtos ecolóxicos; o fomento de produtos alimenticios naturais da comarca; ou o desenvolvemento de novos servizos turísticos personalizados e adaptados ao medio.

Conde indicou que esta iniciativa, ademais de promover o desenvolvemento de proxectos sobre o territorio, permite incrementar a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores, facilitando a posta en marcha e consolidación das súas empresas, ao tempo que promove o emprego especializado con futuro e de calidade.

Este Espazo Coworking é un dos seis que están funcionando na actualidade en Galicia coa colaboración da EOI. En Lugo, ademais de en Monforte, esta iniciativa desenvólvese en Mondoñedo. No resto da Comunidade, estas aceleradoras están emprazadas en Cabana de Bergantiños, Ferrol, Xinzo de Limia e Celanova.

Neste encontro, ademais, Conde informou aos participantes sobre as ferramentas das que dispón a Administración autonómica para apoiar o emprendemento como son a Unidade Galicia Emprende para dar unha resposta en menos de 30 días aos proxectos presentados ou a Oficina Doing Businnes, dirixida a estudar as suxestións dos emprendedores cara a reducir as trabas burocráticas á actividade empresarial.

20 de setembro de 2016 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.