Falece un motorista ao chocar contra un camión en Castroverde
Un motorista morreu este mércores nun accidente de tráfico no municipio lugués de Castroverde, ao chocarse contra un camión, segundo informa o 112.
O sinistro rexistrouse na LU-530, a estrada que une a localidade con A Fonsagrada, á altura do quilómetro 25. Un particular contactó co 112 sobre as 19,20 horas para dar aviso dos feitos.
Segundo relatou, o motorista resultara ferido de gravidade. O centro de atención ás emerxencias estableceu comunicación con Urxencias Médicas e tamén alertou o GES de Becerreá e a Garda Civil de Tráfico.
Non obstante, os efectivos sanitarios só puideron confirmar a morte do motorista, que faleceu no mesmo punto.