publicidade hoxe

Extinguidos os incendios de Verín e Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarVerín
A-
A+
Europa Press

A Xunta de Galicia informou da extinción dos incendios declarados nos municipios ourensano de Verín e pontevedrés de Gondomar, onde arderon, en conxunto, unhas 80 hectáreas de superficie.

En concreto, o de Verín deuse por sufocado na noite deste xoves, tras iniciarse o mércores, ás 17,30 horas, na parroquia de Abedes. Arderon neste concello unhas 50 hectáreas.

En Gondomar resultaron calcinadas unhas 30 hectáreas de monte raso despois de que as lapas comezasen na parroquia de Vincios.

2 de setembro de 2016 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.