publicidade hoxe

Evacuada unha peregrina que caeu da bicicleta en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de ReiSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha peregrina que facía o Camiño de Santiago resultou ferida este xoves no concello lugués de Palas de Rei, onde caeu da bicicleta na que circulaba, á altura de Portos, na parroquia de Lestedo.

Segundo informa o 112, tivo que ser evacuada en helicóptero a un centro sanitario. O 112 coñeceu os feitos a través da chamada dun particular ás 11,00 horas.

Entón, avisou a Urxencias Médicas, que decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ata o punto tamén de desprazaron efectivos do GES de Monterroso e de Protección Civil de Palas. A Garda Civil tamén foi alertada.

8 de setembro de 2016 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.