publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Estabilizado o incendio en Lousame que queimou máis de 20 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Europa Press

A Xunta informa dun incendio forestal en Lousame (A Coruña), que nestes momentos se dá por estabilizado -aínda non controlado- e que queimou máis de 20 hectáreas.

O lume iniciouse na parroquia de Tállara, nunha xornada de altas temperaturas na que a comunidade volve rexistrar varios focos.

As lapas en Lousame arrasaron máis de 20 hectáreas, que é o mínimo a partir do cal a Consellería de Medio Rural da información sobre os incendios.

1 de setembro de 2016 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.