publicidade hoxe

En Marea presenta ao ministro de Fomento unha batería de preguntas sobre o sinistro do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Porriño
A-
A+
Europa Press

En Marea presentou unha batería de preguntas ao ministro de Fomento en funcións, Rafael Catalá, en relación co sinistro ferroviario no Porriño (Pontevedra) no que faleceron catro persoas e houbo decenas de feridos o 9 de setembro.

Neste sentido, a formación galega pregunta a Fomento por que non está implantado o sistema de seguridade ASFA dixital na liña Vigo-Oporto, ao tempo que pide saber en que consisten as obras de mantemento de ADIF na zona do accidente e reclama unha investigación independente.

Nun comunicado, a voceiro de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, esixe que o accidente “debe ser investigado a fondo para coñecer as causas e detectar os posibles fallos ou deficiencias que puido haber co único propósito de adoptar as pertinentes medidas preventivas co fin de que non volva suceder”.

Nesta liña, demanda saber se as actuacións na vía “estaban suficientemente sinalizadas”, así coma se eran “suficientes e claras as advertencias de cambio de vía”.

Ademais, sinala que o sistema ASFA analóxico “non pode facer reconducir a velocidade do tren se non se adapta á velocidade máxima, algo que si pode facer o dixital”, o cal non está implantado nesta liña. Por esta razón, pregúntase: “¿Non poderiamos estar ante unha deficiencia do sistema de seguridade, algo similar ao sucedido co Alvia en Angrois, que non tiña en funcionamento o ERTMS?”.

23 de setembro de 2016 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.