publicidade hoxe

Deteñen a unha muller como presunta autora dun incendio forestal en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLousameSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Santiago informaron hoxe da detención dunha muller como presunta autora dun incendio forestal no lugar de Chave, no concello de Lousame, o pasado 26 de agosto.

Os feitos aconteceron cando axentes de prevención de incendios observaron como unha señora estaba poñendo varios puntos de lume nunha zona próxima a unha masa forestal de piñeiros, mediante a colocación de varias velas acesas.

Grazas á rápida intervención dos policías, que conseguiron apagar o lume non chegou a propagarse á masa forestal, ardendo uns 40 metros cadrados.

Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de garda, de Noia.

Na actual campaña antiincendios forestais a Policía Autonómica xa leva 49 persoas detidas ou investigadas, como presuntas autoras de incendios forestais.

1 de setembro de 2016 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.