publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cultura, USC e Concello de Betanzos recuperan o legado de Carlos López-García Picos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal Portada
A-
A+
Presentación da obra de Javier Ares Espiño

Presentación da obra de Javier Ares Espiño

A figura e a obra do compositor Carlos López-García Picos (1922-2009) ven a luz nunha obra de Javier Ares Espiño, baseada na tese de doutoramento do autor e que acaba de ser publicada en coedición pola Xunta de Galicia, pola Universidade de Santiago de Compostela e polo Concello de Betanzos, terra natal do músico galego.

“Este traballo exhaustivo e amplamente documentado arredor da traxectoria vital e profesional de Carlos López-García Picos permite que contemos desde hoxe cunha biografía completa dun compositor galego importante para a nosa historia musical, tanto en Galicia como desde o exterior, principalmente co seu labor na Arxentina”, afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a rolda de prensa de presentación do volume, que tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela.

Nun acto no que tamén interviron o propio autor da obra, a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez; a Concelleira de Cultura do Concello de Betanzos, María Barral; e o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco, o secretario xeral de Cultura asegurou que o “labor titánico de catalogación da obra e de estudo exhaustivo da súa vida, do seu contexto, do seu labor vinculado á música coral afeccionada na emigración, e da súa importante tarefa como compositor é mérito exclusivo de Javier Ares, alentado polo seu director de tese, Carlos Villanueva”.

Recuperación e difusión da historia musical de Galicia

Respecto da necesidade de difundir as investigacións que desde o ámbito académico e tamén desde o da interpretación musical se están a realizar sobre a historia musical, Anxo Lorenzo recordou a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura con proxectos recentes como o de recuperación da compositora Rosa García Ascot, xunto con parte da obra para piano do seu home, o lugués Xesús Bal y Gay; ou o segundo volume sobre a obra do mestre de capela de Tui Matías García Benayas.

O libro ‘Carlos López-García Picos. Música a orillas del Atlántico’ constitúe unha exhaustiva e documentada biografía deste ilustre compositor betanceiro (1922-2009), que tanto no exilio, tras a Guerra Civil, como logo no seu retorno a Galicia, desde 1984, desenvolveu unha intensa carreira de creación musical composta por un rico catálogo de 141 obras, obras sinfónicas, cuartetos, obras para piano, violoncello etc.

A obra, de autoría de D. Javier Ares Espiño, ex alumno do Conservatorio de Betanzos, pianista, profesor de piano e investigador, baséase na tese de doutoramento do seu autor, dirixida polo profesor Carlos Villanueva.

16 de setembro de 2016 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.