publicidade hoxe

Cultura no Camiño achega ao Grove “A peregrinaxe da vangarda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Grove
A-
A+

O Concello do Grove, gracias á colaboración do programa da Xunta de Galicia “Cultura no Camiño” en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), presenta mañá na praza do Corgo un espectáculo de danza e música da compañía Fusionarte. Trátase da montaxe “A peregrinaxe da vangarda” con música a cargo de Álvaro Muras, expresión corporal de Mari Ah! e audiovisuais de Ángeles García.

Segundo describen os autores o espectáculo marca o camiño dunha confluencia artística que “nos leva a una experiencia extrasensorial difícil de esquecer por medio da danza, a música e os audiovisuais. Unha sinerxia de expresións peregrinando cara a avangarda”. Como fío argumental un músico atopa unha chave que será a que abra a porta para comezar o camiño. No traxecto coñece a unha bailarina que busca novas fontes de inspiración e xuntos percorrerán o camiño no que se presenta novas personaxes e novas historias.

A actuación comezará ás 20.00 horas na Praza da Corgo. 

1 de setembro de 2016 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.