publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comeza o curso na escola infantil do Grove despois de que rematase a parte estrutural da súa reforma integral e a adaptación das aulas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A escola infantil de O Grove, integrada na rede autonómica “Galiña Azul” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, comezará o curso 2016-2017 o próximo luns, 19 de setembro, despois de que rematara a parte principal das obras de reforma integral do centro (reposición completa da cuberta, instalación dun novo frontal de aluminio…) e a adaptación das aulas para o reinicio da actividade.

O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, pediu novamente desculpas aos pais dos alumnos da escola de Rons polas molestias que esa actuación puidera ter ocasionado, pero non ten dúbida de que, para iniciar o novo curso, era imprescindible “garantir o cumprimento das condicións esixidas pola normativa en materia de seguridade”. “Por iso pedímoslles aos pais” -engade- “adiar a apertura do centro ata o 19 de setembro”.

“O normal nunha obra desta envergadura, unha renovación completa da escola infantil, cun investimento superior aos 450.000 euros (incluíndo o equipamento), é que o centro estivera pechado durante catro meses… pero só estivo inactivo durante mes e medio, para xerar o mínimo trastorno posible aos pais dos alumnos”, lembra o xerente.

Como inicialmente estaba previsto, os traballos de reforma da escola de Rons, que inclúen tamén a creación dun espazo de usos múltiples do que carecía o centro e o remozado individual de todas as aulas para permitir nelas a actividade simultánea, continuarán durante os próximos meses, sen que interfiran xa no normal desenvolvemento do curso escolar.

16 de setembro de 2016 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.