publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Buscan a un home de Ferreira de Pantón desaparecido dende o martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPantónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Este venres continúa na localidade lucense de Ferreira de Pantón a busca de Alejandro Carballude, o home de 37 anos do que a súa familia perdeu a pista o pasado martes.

Tras tres días de busca infrutuosa, a Garda Civil “parece ser que enviará hoxe (venres) dende Madrid a Pantón un técnico para delimitar máis a zona de busca”, segundo manifestou o seu irmán, Jose Carballude.

Supostamente o home “enviou o martes unha mensaxe á familia que nos puxo” en alerta”, relatou o familiar. Tras ir á súa casa e non o atopar, presentouse a denuncia” e a Garda Civil de Pantón comezou a busca, á que, posteriormente, se sumou “un can experto en desaparicións chegado dende Ourense”.

Alejandro Carballude levaba dous meses separado e ten unha filla, que convive coa súa nai no municipio limítrofe de Monforte de Lemos. Segundo o seu irmán, “esta situación tíñao baixo de moral, e puido ser unha das cuestións que motivasen a súa desaparición”.

O último sinal dos seus teléfono emitiuse no mediodía do mércores nunha zona do ámbito de Ferreira de Pantón, segundo confirmou o seu irmán.

23 de setembro de 2016 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.