publicidade hoxe

As instalacións da piscina Iván Raña abren ao público con máis de 15 disciplinas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Dende hoxe as instalacións da piscina Iván Raña volven a abrir ao público, tras o período vacacional, cunha ampla e renovada oferta de actividades. En total son 17 modalidades para todos os gustos, preferencias e necesidades, dirixidas a xente de todas as idades e sempre baixo a supervisión de profesionais titulados do ámbito deportivo. Os horarios repártense de luns a venres dende as 10 ata as 21.45 horas e é necesario ser socio das instalacións para poder participar nas clases.

Como novidades para este ano destacan as seguintes actividades:

Hipopresivos: Exercicios posturais e respiratorios idóneos para previr patoloxías e achegar melloras de rendemento físico  e estéticas. Altamente beneficiosos para o período postparto.

GAP 30´: Sesión de 30 minutos destinada ao fortalecemento muscular de glúteos, abdome e pernas.

Free Dance: Combinación de baile e exercicio físico ao ritmo dos estilos da música máis actual. Dirixido para as persoas que queiran ver mellorada a resistencia cardiovascular e a coordinación.

Danza urbana infantil: Para nenos e nenas de 8 a 16 anos. Coreografías de estilos urbanos baseadas no hip-hop, funky, break dance etc.

Cross Training: Adestramento de forza e acondicionamento mediante exercicios de intensidade.

Lombo san: Fortalecemento e tonificación de músculos para previr ou evitar problemas de costas. Traballo en áreas que abranguen as cervicais, dorsais ou lumbares.

TBC: Forma de exercicio divertida e efectiva composta de exercicios variados executados por intervalos.

Aquazumba: Combina a actividade de Zumba coa resistencia que ofrece a auga, propiciando un impacto menor nas articulacións e facilitando a tonificación muscular.

Ademais destas disciplinas o Concello de Ordes volve repetir outras impartidas ata o de agora dado o alto nivel de  participación. Este é o caso de Tonificación, Aquagym, Zumba (adultos e infantil), Cardio Box, Stretching, Aerostep, Pilates, Zumba infantil e Acondicionamento físico sénior.

1 de setembro de 2016 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.