publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ángeles Vázquez supervisa a reparación de camiños no rural de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+
Europa Press
Ángeles Vázquez na visita a Pontecesures

Ángeles Vázquez na visita a Pontecesures

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, supervisou esta mañá en Pontecesures as obras de reurbanización dos núcleos de Toxa e Carreira, no marco do Plan de emerxencias 2016.

Nesta obra vanse investir arredor de 40.000 euros, que contribuirán a mellorar os desprazamentos dos veciños que residen no lugar e incidir así, positivamente, na súa calidade de vida.

Estas actuacións enmárcanse no Plan de emerxencias, posto en práctica para arranxar camiños, pontes e infraestruturas rurais que sufriron deterioro a consecuencia das condicións climatolóxicas adversas dos pasados invernos e que necesitan ser reparadas. Este plan prevé un investimento total, no conxunto de Galicia, de algo máis de 2,8 millóns de euros.

Neste caso, as actuacións en Pontecesures consistirán na reposición do firme, actualmente moi deteriorado, que se substituirá por un novo pavimento, e na colocación de arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de augas, entre outras intervencións. A duración estimada das obras será de arredor de 5 semanas.

2 de setembro de 2016 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.