publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ángeles Vázquez pon en valor a creación e desenvolvemento de pequenas empresas no rural porque amplían oportunidades para os seus veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+
Ángeles Vázquez na visita ao polígono da Madanela

Ángeles Vázquez na visita ao polígono da Madanela

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, puxo en valor a creación e desenvolvemento de pequenas empresas no rural, xa que diversifican e amplían as oportunidades para os seus veciños. Así o destacou a conselleira esta mañá en Melide, no transcurso dunhas visitas realizadas a empresas ubicadas no polígono industrial da Madanela e as cales foron receptoras de axudas deste departamento autonómico.

Acompañada polos directores xerais de Desenvolvemento Rural, Miguel Dubois, e de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, a conselleira Ángeles Vázquez visitou as obras para a instalación da empresa Suministros Industriales Cire, a cal se dedicará á venda de artigos de ferretería e material para a construción. Xunto con outras dúas entidades deste municipio coruñés -Simer Grumerosa e Antonio Méndez Romero- foron receptoras das axudas para actividades non agrícolas. Esta liña de achegas, resaltou a conselleira, permite impulsar proxectos diferentes que si teñen cabida no rural galego.

Neste senso, Ángeles Vázquez destacou que as opcións neste eido son moitas e que, grazas a empresas deste tipo, a calidade de vida no medio rural nada ten que envexar ás grandes urbes, xa que “hai emprego, riqueza, poboación e moitas gañas de que o rural siga a ter futuro”.

Durante a súa visita tamén comprobou as obras para o novo matadoiro de aves Poulet Royal, así como o traballo que se leva a cabo na empresa de Rubén Pacior, dedicada á elaboración e transformación de castañas. Xunto con outra empresa ubicada tamén en Melide, estes proxectos foron beneficiarios das achegas á transformación e comercialización de produtos agrarios.

A titular de Medio Rural resaltou que este ano, o rural galego beneficiouse das axudas para pequenas empresas non agrícolas e as achegas para as empresas agroalimentarias e forestais. Todo isto, destacou Ángeles Vázquez, contribúe a xerar emprego e riqueza; así como fixar poboación no noso medio rural, pero é importante que haxa compromisos por parte de todos para que estes novos proxectos perduren no tempo e sexan rendibles.

6 de setembro de 2016 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.