publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio na Fonsagrada e controlado o de Lobeira tras queimar 75 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLobeira
A-
A+
Europa Press

A Xunta informou da activación dun incendio forestal na Fonsagrada (Lugo), na parroquia de Paradavella, que xa leva queimadas máis de 20 hectáreas de superficie.

Por outra banda, apuntou que o lume de Lobeira (Ourense) se deu por controlado polos medios de extinción, que calculan que neste municipio arderon unhas 75 hectáreas.

Dende este martes, na provincia de Ourense arderon unhas 3.000 hectáreas en varios focos que seguen activos, e que puxeron en risco varios núcleos de poboación.

7 de setembro de 2016 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.