publicidade hoxe

A Xunta terá rematadas para o inicio do curso as obras de mellora da escola infantil de Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+
A secretaria territorial da Xunta na provincia de Pontevedra na visita ás instalacións

A secretaria territorial da Xunta na provincia de Pontevedra na visita ás instalacións

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, está a executar obras de mellora na escola infantil de Vila de Cruces da rede autonómica “Galiña Azul”, aproveitando o descanso vacacional dos nenos durante o verán.

A secretaria territorial da Xunta na provincia de Pontevedra, Ana Ortiz, visitou hoxe o centro para supervisar sobre o terreo o correcto desenvolvemento das reformas e comprobar que os traballos avanzan a bó ritmo. Estivo acompañada polo alcalde da localidade, Jesús Otero.

Concretamente, as obras na escola infantil de Vila de Cruces consisten na adecuación do patio exterior cunha construción cuberta de obra e caucho continúo, ampliación da altura da porta de saída da sala de usos múltiples ao patio exterior para cumprir a normativa, semente de céspede, baixada da altura dos lavamáns nos aseos e colocación de 3 antipilladedos. O custo dos traballos ascende a 21.152 euros, e atópanse practicamente rematados, quedando listos nos próximos días de cara a apertura do curso o luns 5 de setembro.

A Escola Infantil de Vila de Cruces conta con catro unidades cunha capacidade máxima de 61 nenos e con 31 alumnos matriculados para o presente curso que se inicia hoxe. Segundo apunto o rexedor do municipio, agárdase que o 15 de outubro entren novos nenos nesta Galiña Azul, e que outro grupo o faga en febreiro do próximo ano.
Por outra banda, Ana Ortiz, destacou tamén os traballos realizados na E.I. de Lalín-polígono, onde se levou a cabo a pintura da fachada, a subsanación de humidades interiores, a colocación dun termómetro, 5 antipilladedos e 1 detector de fumes, instalación de protectores en todos os radiadores do centro e a instalación dun novo portal de entrada. O investimento foi de 7.623 euros.

Finalmente, tamén se acometeron obras de mellora na escola infantil de Silleda, onde se repararon filtracións e humidades interiores; instaláronse vinilos no corredor principal para evitar as elevadas temperaturas, unha pérgola no patio e 10 antipilladedos así como 10 proteccións de esquina. Tamén se compraron 6 termómetros, pintáronse dúas das fachadas do edificio e reparáronse os sistemas de ventilación e o chan radiante. En total, os traballos tiveron un curso de 19.602 euros.

A escola infantil de Lalín conta con 5 unidades e unha capacidade máxima de 74 nenos estando matriculados para este curso 52, mentres a de Silleda ten 6 unidades cunha capacidade máxima de 82 nenos e 69 matriculados.

A previsión do Consorcio é que a obra de mellora estea rematada para o inicio do curso 2016/2017, que nas escolas infantís da rede “Galiña Azul” comezará oficialmente o 5 de setembro.

1 de setembro de 2016 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.