publicidade hoxe

A Xunta propón un acordo de colaboración para que a asociación Aspaneps amplíe as súas instalacións en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

A Xunta propuxo hoxe a sinautura dun acordo de colaboración para facilitar que a asociación Aspaneps amplíe as instalacións nas que desenvolve as súas actividades no concello de Fene. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantiveron hoxe un encontro con responsables deste colectivo e co alcalde de Fene, Juventino Trigo, na que tamén participou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.

Aspaneps é unha asociación de acción social sen ánimo de lucro que traballa para apoiar as persoas con autismo e as súas familias, procurando crear oportunidades para mellorar a súa calidade de vida. Este colectivo, instalado nos baixos dunhas vivendas de promoción pública na parroquia de Perlío, trasladou o seu interese por ampliar as súas actividades mediante a ocupación dunha maior superficie. O seu obxectivo é o desenvolvemento de talleres ocupacionais para mozos con minusvalías psíquicas.

Para facilitar este fin, a Xunta propuxo ese acordo de colaboración a tres bandas, entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, o Concello de Fene e a propia asociación. Trátase de artellar a regularización das cesións dos baixos desas vivendas de promoción pública que se destinan a distintos fins sociais.

7 de setembro de 2016 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.