publicidade hoxe

A Xunta inicia a construción dunha glorieta na estrada PO-552 ao seu paso por Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTomiño
A-
A+

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe mércores a obra de construción da glorieta no cruce de Figueiró, que contará cun orzamento de máis de 41.000 euros, no concello pontevedrés de Tomiño. Esta actuación adxudicouse a Construcciones Fechi, S.L.U. e ten un prazo de execución de 3 meses.

O obxectivo do contrato é a transformación da intersección situada no punto quilométrico 58+700 da estrada PO-552, que une Vigo coa localidade pontevedresa de Tui, co vial provincial que conduce a Figueiró.

A modificación desta intersección foi solicitada en varias ocasiones por grupos de veciños e usuarios da estrada e, ademais, mellorará a seguridade viaria no cruce o que suporá una axuda para moderar a velocidade de circulación neste treito.

Os paneis informativos da glorieta colocaranse tanto na estrada PO-552, como no camiño municipal de Figueiró

21 de setembro de 2016 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.