publicidade hoxe

A Xunta aposta pola mellora da competitividade e a internacionalización do sector do cooperativismo en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Ordes nunha xornada sobre autoemprego e cooperativismo, organizada pola Mancomunidade de Ordes e que apoia a Xunta, a través da Rede Eusumo, para fomentar este sector, onde informou aos participantes sobre os mecanismos dos que dispón a Administración autonómica para impulsar a Economía Social, que aglutina a más de 7.000 entidades e 320.000 persoas en Galicia.

Toca destacou a aposta da Xunta pola mellora da competitividade e a internacionalización deste sector ao que puxo en valor, xa que, segundo explicou, “representa unha forma de facer empresa na que as persoas traballadoras son as protagonistas”. Deste xeito, subliñou que o Goberno galego avoga por políticas que dean un pulo ao emprendemento e ao traballo autónomo, en xeral, e ás cooperativas e sociedades laborais, en particular. Deste xeito, afondou na necesidade de seguir apoiando o crecemento das cooperativas e a incorporación de xente nova ás mesmas.

“O noso reto é mellorar as condicións de empregabilidade dos galegos a través de ferramentas específicas para impulsar a Economía Social nunha firme aposta pola igualdade de oportunidades e por un traballo de calidade”, apuntou a secretaria xeral.

Para acadar este obxectivo, Toca indicou que a Xunta dispón de diferentes mecanismos, entre os que lembrou que as compañías deste sector poden recorrer ao Fondo de Economía Social (FES) co que Xesgalicia achega financiamento. É un fondo co que a Xunta pon a disposición das compañías préstamos desde 30.000 euros para a realización de novos proxectos ou o impulso ao crecemento dos que xa están en marcha. Do que se trata, segundo resaltou a secretaria xeral, é de mellorar a capitalización e reforzar as estruturas destas entidades.

Por último, destacou a importancia de innovar para mellorar a competitividade e, neste senso, sinalou que a Xunta presta especial atención aos proxectos de emprendemento industrial e innovador a través das aceleradoras de empresas que están en marcha en sectores estratéxicos como a biotecnoloxía e as TIC.

21 de setembro de 2016 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.