publicidade hoxe

A nai de Diana Quer: “Estou bastante afundida, triste e esnaquizada, pero con fe en Deus”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+
Europa Press

Diana López-Pinel, a nai de Diana Quer, desaparecida na Pobra do Caramiñal (A Coruña) fai 10 días, afirma estar “bastante afundida, triste e esnaquizada”, despois de que o Xulgado de instrución número 2 de Ribeira decidira retirarlle preventivamente a custodia da súa filla menor.

En declaracións, con todo, López-Pinel asegura que se atopa “con fe en Deus”. Rexeita “entrar” a responder “os comentarios” do seu exmarido, que este xoves dixo que a retirada da custodia da menor, “desgraciadamente”, chegaba “moi tarde”, aínda sen gardar relación coa desaparición da súa filla maior, que ten 18 anos.

En todo caso, López-Pinel remitiu unha carta aos medios de comunicación para expresar “desde o máis fondo” do seu corazón a “tristeza” que sente, unha “tristeza” -asegura- motivada principalmente pola desaparición da súa filla e pola “angustia e sufrimento” que iso lle provoca.

“O meu corazón non alcanza a entender nada do que está a pasar ao meu ao redor nestes momentos. Ter o que máis queres lonxe de ti é o peor sufrimento, pero ter ao teu fillo lonxe e non saber se está vivo, non se pode explicar con palabras, é un sentir”, remarca a nai de Diana Quer.

“ISTO NON LLE PARECERÍA NADA BEN”

“Desde o principio mantiven que, xa que a miña filla non pode, eu sería a súa voz, e hoxe quero levantala para dicir que todo isto non lle parecería nada ben, Nin a xente que saíu dicindo ser a súa amiga, nin o amigo que di ser algo máis, nin as supostas discusións que non foron, e por suposto, e moito máis importante: sentiría vergoña de ver que se están antepondo temas que nada teñen que ver con ela, nin coa súa idade, nin coa súa vida, como son os relacionados con xulgados e demais cousas de parella que non teñen que afectarlle”, advirte.

A carta de López-Pinel continúa sinalando que “Diana é unha nena todo corazón” e reafirmando que “agora non está”, antes de lanzar unha pregunta: “Nin sequera neste momento de ausencia poden determinadas persoas deixar unha guerra que nunca debería existir e que fixo tanto dano?”

“A miña única preocupación é que apareza. Nada máis. Grazas a todos”, conclúe.

1 de setembro de 2016 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.