publicidade hoxe

A Fundación Deporte Galego convoca a segunda fase das axudas para deportistas de alto nivel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Fundación Deporte Galego convocou onte, a través do Diario Oficial de Galicia, a segunda fase das axudas para deportistas galegos/as de alto Nivel, baixo a denominación de Axudas DGAN 2016.

Esta convocatoria enmárcase no habitual Plan de axudas á preparación de deportistas galegos/as de alto nivel, e á vez ten en conta que este ano 2016 tiveron lugar os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016. Por esta singularidade e co fin de optimizar as axudas de xeito que sexan o máis operativas e beneficiosas para os deportistas destinatarios, estableceuse unha convocatoria en dúas fases: a primeira iniciouse no mes de abril para os deportistas que acadaran a súa clasificación para os Xogos de Río e no día de onte iniciouse a segunda.

Tal e como se indicaba nas bases que regularon a primeira fase das axudas, trala finalización dos Xogos Olímpicos/Paralímpicos, convócase a segunda fase, orientada ao resto de deportistas con recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas Galegos/as de Alto Nivel no ano 2016, que non foran beneficiarios da convocatoria da primeira fase.

Segundo as bases dispoñibles na sede da Fundación Deporte Galego e na web deporte.xunta.gal, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Ao abeiro desta convocatoria os beneficiarios poderán recibir ata 3.000 euros de axuda.

21 de setembro de 2016 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.