publicidade hoxe

A Deputación financia a dotación de transporte propio para o Club de Remo de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAres
A-
A+

A área de Patrimonio, Contratación e Equipamento, da que é responsábel o deputado Xesús Soto, comprometeuse formalmente para a licitación e posterior cesión dunha furgoneta para o transporte de deportistas da entidade do Club de Remo de Ares, presidida por Germán Sánchez, por un montante económico inicial de 25.400 €.

O responsábel da área de Patrimonio, Contratación e Equipamento, Xesús Soto e o presidente do Club de Remo de Ares, asinaron este mércores o convenio que da cumprimento ao Acordo Plenario do pasado 9 de setembro.

Desde a agrupación deportiva, mostraron o seu interese pola duración do procedemento de contratación, onde o deputado comprometeuse a axilizar o mesmo o máximo que permita a lexislación vixente, marcándose un prazo temporal aproximado dun mes.

Segundo o acordo, a Deputación cede a furgoneta para o uso exclusivo, durante toda a súa vida do Club de Remo de Ares que correrá cos gastos de uso, mantemento, reparación e seguros.

O Club de Remo de Ares conta con 250 socios e este ano resultou gañador da Liga Galega de Traíñas. Despois da súa participación no prestixioso Ascenso ACT, a agrupación quedou en segundo posto co que logrou clasificarse para a competición ACT da elite da raína o ano vindeiro. Á xuntanza co deputado Xesús Soto na Deputación da Coruña, ademais do presidente do Club de Remo asistiu o membro da directiva Julio Alberto Rañolas.

21 de setembro de 2016 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.