publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A conselleira do Medio Rural destaca a importancia das cooperativas para crear emprego, xerar riqueza e fixar poboación no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Ángeles Vázquez na visita á Cooperativa Central de Frades

Ángeles Vázquez na visita á Cooperativa Central de Frades

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, realizou esta mañá unha visita ás instalacións da Cooperativa Central de Frades, nas que aproveitou para destacar a importancia deste tipo de agrupacións para desenvolver o rural galego e garantir así o seu futuro. “Son este tipo de empresas as que crean emprego, xeran riqueza e fixan poboación nas nosas aldeas e pobos”, sinalou a conselleira.

Esta cooperativa, dedicada principalmente á fabricación de pensos compostos e á comercialización de insumos agrarios, conta con 19 empregados e está formada por 744 socios gandeiros. Dispón dunha fábrica dende o ano 2001 coa que ofrecen diferentes formulacións de pensos ofrecidas aos seus socios, pero ademais da actividade principal tamén comercializan o leite e carne das granxas asociadas, compran de forma conxunta os insumos agrícolas como abonos, fitosanitarios, plásticos… Destaca ademais a labor de formación que ofrecen aos socios con seminarios e todo tipo de cursos de capacitación; así como os servizos técnicos e veterinarios

Neste senso, Ángeles Vázquez insistiu na necesidade de que as explotacións compartan servizos e ferramentas co fin de reducir custes e ter máis peso no mercado. Lembrou ademais, as liñas de axudas das que dispón a Xunta para contribuír ao desenvolvemento das cooperativas e outro tipo de asociacións gandeiras.

“O rural galego ten futuro porque temos grandes profesionais, calidade na produción e boas instalacións”, sinalou Vázquez. Proba diso é, por exemplo, o anuncio que a semana pasada fixo a empresa española Goodleit de construír en Galicia unha macroplanta de transformación de leite en Cuntis, que procesará 430.000 toneladas ao ano. Esta iniciativa supón un investimento duns 70 millóns e dará emprego a 130 persoas.

Mellora de accesos
Doutra banda, a titular de Medio Rural tamén supervisou as obras enmarcadas dentro dos plans de Mellora de Camiños e de Emerxencias que dispón a Consellería, que permiten mellorar os accesos ás explotacións e renovar as infraestruturas municipais deterioradas polas inclemencias do tempo durante o inverno.

5 de setembro de 2016 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.