publicidade hoxe

A Cidade da Cultura cede á Fundación Rosalía de Castro a recreación dun vestido da poetisa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrónSantiago de Compostela
A-
A+
Mostra "Con-fío en Galicia"

Mostra “Con-fío en Galicia”

A Cidade da Cultura de Galicia cédelle á Fundación Rosalía de Castro unha das pezas creadas para a mostra ‘Con-fío en Galicia’ para a súa exhibición ao público na Casa Museo de Rosalía. A través dun convenio asinado esta mañá, a recreación do traxe de Rosalía realizado pola deseñadora Carmen Pichel poderá ser visitado no Salón da Autora que alberga a Casa da Matanza de Padrón.

A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira Viturro, asinaron o convenio de colaboración para o préstamo en comodato desta obra téxtil. Tras a clausura da exposición ‘Con-fío en Galicia’, que terá lugar o vindeiro 11 de setembro, o traxe de Rosalía viaxará ata Padrón, onde poderá ser visitado xunto aos demais obxectos e patrimonio da escritoria.

A recreación do traxe de Rosalía, creado pola modista e deseñadora Carme Pichel, está inspirada nunha fotografía realizada por Encausse na Coruña no ano 1855 e pertencente á Real Academia Galega. Trátase dun traxe de mocidade de Rosalía de Castro, formado por unha enagua, camisa interior, faltriqueira, saia e chaquetilla.

Clausura de ‘Con-fío en Galicia’ o domingo

O traxe de Rosalía pode verse no Museo Centro Gaiás xunto a unha recreación dun vestido de Emilia Pardo Bazán no marco da exposición ‘Con-fío en Galicia’, mostra sobre a historia da moda e do téxtil en Galicia que pechará as súas portas o vindeiro domingo, 11 de setembro. A mostra pode visitarse de martes a domingo, de 10 a 20 horas con entrada de balde.

6 de setembro de 2016 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.