publicidade hoxe

A Agasp acolle unha xornada relativa a un proxecto europeo de promoción e formación en materia de resiliencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor participou esta mañá nas Xornadas relativas ao proxecto europeo de promoción e formación en materia de resiliencia, no que participa o goberno galego, xa que a dirección xeral foi seleccionada para participar neste proxecto europeo relativo á xestión da Resiliencia das poboacións.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior está organizando esta Xornada para presentar este proxecto os diferentes colectivos relacionados coa concienciación e formación en Resiliencia para que este concepto forme parte dos considerandos na toma de decisións por parte das administracións, empresas e cidadáns. Neste proxecto participan organismos pertencentes a Italia, Grecia, Reino Unido, Austria e España (Galicia). O proxecto ten unha duración de dous anos e permitirá avanzar a Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito de protección civil e a Resiliencia, estando previsto que remate o 31 de decembro de 2016.

No marco das Xornadas presentaranse os resultados obtidos ata a data actual e a presentación dos diferentes vídeos divulgativos, temas para formación on-line e o vídeo xogo de formación en resiliencia. Asemade se contará cunha experta en Resiliencia de Murcia que exporá todos os conceptos e leccións aprendidas durante o terremoto acontecido en Lorca (Murcia). Tamén participarán os responsables do estudio realizado en cinco concellos galegos que foron seleccionados para colaborar no devandito proxecto para a avaliación da Resiliencia, coma Narón, Santiago de Compostela, Caldas de Reis, Ribadavia e Vilalba.

A Resiliencia é un concepto avanzado en materia de protección civil, que permite a poboación previr os riscos de calquera índole cos que é preciso convivir e minimizar os danos en situacións nas que estes se desencadean.

22 de setembro de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.