publicidade hoxe

Xunta e Fundación Exponav asinan un convenio para fomentar o coñecemento da construción naval entre a mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Rey Varela no percorrido polas instalacións

Rey Varela no percorrido polas instalacións

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Francisco Javier Romero Caramelo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o fomento entre a mocidade da actividade da Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas (EXPONAV). O montante deste acordo, subscrito a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ascende a un total de 17.000 euros.

O principal obxectivo desta iniciativa é a posta en valor dos fondos de EXPONAV entre os rapaces e rapazas contribuíndo desta forma a mellorar o coñecemento por parte destes sobre a industria da construción naval. Así, a Fundación de EXPONAV levará a cabo visitas guiadas ao museo naval para centros educativos e grupos de mozos e mozas, así como talleres formativos ou exposicións e outro tipo de eventos relacionados co ámbito naval e marítimo: mostras pictóricas, fotográficas, temas históricos, presentación de libros, conferencias, xornadas técnicas, etc. Todas estas actividades serán de acceso gratuíto para a mocidade.

Rey Varela destacou a importancia que ten a Fundación EXPONAV para a divulgación dun sector cun claro interese xeral para Galicia e para a dinamización do comarca, posto que “a través do fomento e divulgación da actividade museística contribúe a un mellor coñecemento da industria da construción naval”.

Neste sentido, enmarcou o apoio institucional e económico da Consellería na vontade de que os mozos e mozas “teñan un mellor coñecemento dos estaleiros galegos, da tecnoloxía empregada, dos medios e dos barcos que se produciron e se producen neste país”, sinalou. Ademais, o titular de Política Social destacou a importancia que ten a Fundación EXPONAV para a divulgación dun sector estratéxico para o conxunto de Galicia e, en concreto, para Ferrol e comarca.

24 de agosto de 2016 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.