publicidade hoxe

“Xhiva” actúa no escenario do Corgo dentro dos Xoves Musicais deste verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Grove
A-
A+

Xhiva, unha banda composta por catro músicos grovenses (dous deles adoptivos do pobo) e creada no ano 2013 a partires de outras bandas xa extintas na península, actuará nos Xoves Musicais desta semana. Cun estilo que vai entre o rock experimental e o rock progresivo, a súa batería, baixo e dúas guitarras crean interesantes sons e matices musicais que os converten nunha banda de grande interese.

Todas as súas composicións son orixinais e están compostas por eles mesmos. A pesares da xuventude dos seus compoñentes, todos contan con moitos anos de experiencia en diferentes proxectos musicais. Pode escoitarse o seu son promocional no seguinte enlace: http://xhiva.bandcamp.com/release

Últimas semanas

Chegando xa ás últimas semanas da programación de verán, quedan inda moitas actividades para desfrutar se o tempo o permite. Deste xeito o venres os contacontos volverán a ocupar a praza de arriba con Raquel Queizás e as súas romarías. O sábado a escola de baile Cantodorxo ofrecerá a súa tradicional exhibición de baile, xa na semana seguinte chegarán os contos de Pedro Brandariz. Non podemos esquecernos do cine e do último dos xoves musicais deste verán, que correrá a cargo de Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro con Canto Libre.

17 de agosto de 2016 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.