publicidade hoxe

Xa suman cinco días sen noticias do xoven desaparecido en Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+
Europa Press

Efectivos de emerxencias, voluntarios e familiares continúan este martes a busca de Iván Durán Valverde, un mozo de 30 anos que falta do seu domicilio en Baiona (Pontevedra) dende o pasado xoves.

O servizo de cans da Garda Civil sumouse este luns aos labores de busca cun dos seus cans, que está previsto que volva percorrer o martes os montes próximos a Baiona para dar con algún rastro do desaparecido.

Polo momento, cúmprese a quinta xornada sen noticias do mozo, que deixou aos seus familiares unha nota indicando que marchaba, pero que non levou o teléfono móbil con el. A súa familia, preocupada pola súa ausencia, interpuxo unha denuncia por desaparición ante a Garda Civil coa convicción de que pode sufrir algún contratempo ou podería estar retido.

No dispositivo de busca participan tamén efectivos de Policía Local e de Protección Civil, aínda que os investigadores non descartan que se trate dunha ausencia voluntaria.

Iván Durán ten 30 anos, é moreno, mide 1,97 metros de estatura e ten complexión atlética.

30 de agosto de 2016 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.