publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xa hai gañadores da da XIII edición do Concurso de tapas de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

Os premios aos gañadores da XIII edición do Concurso de tapas de Muimenta tivo lugar este martes 23 de agosto ás 20:30 horas:

O público participante co seu voto, optaba a catro vales de setenta e cinco euros cada un deles, a gastar nos negocios dos socios da Asociación de Empresarios de Muimenta, nun máximo de trinta días dende a súa entrega. Os gañadores son:

- Nacho Novo Expósito, de Muimenta (papeleta do Bar Alvariño)
- María José Castro Gómez, de Muimenta (papeleta do Bar Anllo)
- María José Huerta Fernández, de Santa Leocadia, anque vive en Barcelona (papeleta do O Cabuxo)
- José Rodríguez Fontao, de O Páramo (papeleta do Bar Latino)

Mentras que a gañador do vale dos trescentos euros, (tamén a gastar nos negocios socios da Asociación de Empresarios de Muimenta), premio á ruta de todos os bares, foi para Manuel Rodil Ares, de Madrid, anque nativo de Ribeira de Piquín.

Terán ata o vindeiro 23 de setembro para consumir ditos vales nos negocios socios do colectivo (un mes dende a súa entrega). 

Asistiron os bares participantes, os premiados, parte da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, o Deputado Provincial Delegado da Área de Promoción do Territorio e Turismo, Eduardo Vidal. 

Esta edición do Concurso de Tapas foi organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta e co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Cospeito.

24 de agosto de 2016 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.