publicidade hoxe

Vilagarcía reduce o endebedamento cunha amortización anticipada dun millón de euros ao crédito do pago a provedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía reducirá este ano os niveis de endebedamento realizando una amortización anticipada de 1 millón de euros ao préstamo subscrito en 2012 para axilizar o pago a provedores. A suma concreta ascende a 1.064.314 euros e correspóndese ao superávit resultante da execución do orzamento municipal de 2015. A amortización pode realizarse ao dispoñer o Concello de suficiente remanente líquido de tesourería.

A decisión do goberno local enmárcase no precepto recollido na Lei de Estabilidade Presupostaria que di obriga ás administracións públicas a destinar os superávits á redución do endebedamento. A medida precisa da realización do trámite de modificación orzamentaria por crédito extraordinario, asunto que se someterá a aprobación do Pleno na sesión ordinaria a celebrar o próximo xoves.

Ademais de contribuír á rebaixar o endebedamento neto, a amortización anticipada deste millón de euros suporá unha redución dos custes financeiros en 669.614 euros.

19 de agosto de 2016 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.