publicidade hoxe

Venres e sábado de doazón de sangue en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este venres e sábado fará a súa visita mensual a Tui a unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos. Estará situada coma de costume na Praza de Galicia. O venres 19 poderase doar sangue de 10 a 14h e de 16 a 21h, e o sábado 20 de 10 a 15h.

Compre lembrar a boa acollida que estas campañas de doazón de sangue teñen na cidade. O pasado mes de xullo achegáronse ata a unidade 179 veciños dos que 152 puideron doar sangue e 7 deles era a primeira vez que o facían.

En 2015 rexistráronse en Tui 1.048 doazóns de sangue en Tui co a media anual foi de 62 doazón por cada mil habitantes, unha cifra que está por riba da media galega. Tui conta con 2.504 doadores censados que realizaron 16.755 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidade móbil do CTG en marzo de 1995.

17 de agosto de 2016 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.