publicidade hoxe

Unhas 3.000 persoas participarán no Festival do Castro en Pantón o 20 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugoPantón
A-
A+
Presentación do Festival do Castro

Presentación do Festival do Castro

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou estemartes no Pazo de San Marcos o Festivaldo Castro, totalmente gratuíto, que se celebra o vindeiro 20 de agosto en Ferreira de Pantón. Fíxoo xunto ao representante do Concello de Pantón, RobertoEireos Sáez, o Presidente da Asociación Cultural e Xuvenil “Escola de Baile eGaitas O castro”, Roi López Carmona, e outro representante da asociación,Miguel García Durán. O organismo provincial colabora coa cita musical domunicipio cunha axuda económica de 3.000 euros.

García Porto subliñou que “dende a Deputación de Lugocolaboramos para a consolidación deste espazo cultural e musical que cada ano vaicrecendo, e que contribúe ao dinamismo e a economía da zona da Ribeira Sacra,pois espérase a visita de máis de 3.000 persoas”.

Nesta décimo primeira edición, totalmente gratuíta para opúblico, tocarán os grupos Bloquinho Xermolos,Coanhadera, Once Tiros, Nao, Skandalo GZ, Blues do País, Soundkillae Cé Orquestra Fantasma.

Durante a xornada estarán dispoñibles autobuses consaídas dende Monforte ao Festival, ás 21:00 e 23:00 horas. Para o traxecto devolta os horarios serán ás 6:00 e 9:00 horas. Todas as persoas que queiran,poderán acampar no cámping do festival dende o 19 ata o 21 de agosto. Máis información no festivaldocastro@gmail.com e na http://festivaldocastro.com/.

16 de agosto de 2016 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.