publicidade hoxe

‘Unha viaxe pola cultura’ pon o punto final ao I Festival de Jazz de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes celebrou o I Festival de Jazz. Unha cita englobada dentro do programa ‘Unha viaxe pola cultura’ e coa que se puxo o punto final a máis de dúas semanas de espectáculos e actividades lúdicas para ser desfrutadas en familia. Sobre o escenario situado na Alameda de Ordes subíronse, ao longo da tarde de onte, un bo número de integrantes das escolas de música de Ordes, Boiro e Muros. Entre o númeroso público que se congregou non faltaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo,  e as concelleiras de Educación e Medio Ambiente. Tras a actuación todos as formacións participantes recibiron unha placa conmemorativa. Organizado polo Departamento de Cultura, ‘Unha viaxe pola cultura’ contou co financiamento da Deputación da Coruña, así como coa participación da Axencia Galega das Industrias Culturais.

19 de agosto de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.