publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller ferida grave pola explosión rexistrada ao retirar un niño de avispas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller resultou ferida de carácter grave este venres no municipio coruñés de Bergondo pola explosión do material utilizado para a retirada dun niño de avispas velutinas.

Segundo informou o 112 Galicia, a muller resultou ferida de gravidade ao explotar o líquido dun spray que se utilizou para a retirada dun niño de velutinas na súa vivenda.

Debido á explosión, unha parte da vivenda, situada no lugar de Gandarío, no termo municipal de Bergondo, tamén se viu afectada, segundo indicaron as mesmas fontes.

Foron varios alertantes os que, sobre as 10,20 horas deste venres, pediron axuda ao CAE 112 Galicia. Segundo indicaban, a explosión produciuse despois de que os técnicos introducisen un aerosol nunha das cámaras da fachada do inmoble para proceder á retirada do niño de velutinas.

Tras recibir a alerta dos particulares, o 112 Galicia requiriu a intervención de persoal sanitario, dos Bombeiros de Betanzos, das forzas da orde e de Protección Civil que, apontoaron a parte afectada da vivenda pola explosión.

Unha vez saneado o muro afectado, os bombeiros sinalaron que non había risco para os habitantes da casa. A muller foi trasladada nunha UVI móbil polo persoal sanitario a un centro hospitalario.

19 de agosto de 2016 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.