Un home de 54 anos falece nunha colisión entre un turismo e un camión en Curtis
Un home de 54 anos faleceu na mañá deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado na localidade coruñesa de Curtis, onde chocaron un todoterreo e un camión de forma frontal.
Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 6,30 horas deste mércores na estrada N-634, entre Curtis e Teixeiro.
Até o lugar foron mobilizados os Bombeiros de Betanzos, que tiveron que intervir para excarcerar á vítima mortal, que quedara atrapada no vehículo. Tamén participaron nos operativo efectivos do GES de Curtis.
O 061 mobilizou así mesmo a persoal sanitario, que atendeu ao condutor do camión, que resultou ferido. Con todo, non puideron facer nada por J.A.S. de 54 anos, que faleceu no punto.