publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un convenio de Medio Ambiente permitirá levar a cabo melloras de abastecemento e saneamento en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Pontecesures

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Pontecesures

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Pontecesures un importe de 50.000 euros, para mellorar a situación da rede de abastecemento e saneamento neste municipio da provincia de Pontevedra.

Así se establece no convenio de colaboración asinado pola titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Juan Manuel Vidal Seage.

O obxectivo desta actuación é mellorar o funcionamento do saneamento de Pontecesures e do abastecemento, no relativo á estación de tratamento de augas potables. Deste xeito, melloraranse as condicións de vida dos veciños deste concello, de tal xeito que poidan ter un mellor servizo de saneamento e abastecemento que redunden na calidade das augas dos ríos da súa contorna e que permitan garantir as necesidades de auga potable, en calidade e cantidade.

O organismo de Augas de Galicia encargarase de contratar e executar as obras, así como de controlar a calidade e seguridade das mesmas.

29 de agosto de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.