publicidade hoxe

Últimas horas para inscribirse na ED Burela FS 2016-17

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

A ED Burela FS pechará a matrícula 2016-17 mañá, martes 30 de agosto. A escola laranxa acollerá os grupos de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, para nen@s de entre 4 e 13 anos.

A inscrición e pago de matrícula realizaranse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas:

Iniciación-Miniprebenxamín-Prebenxamín

Socio do club: Matrícula 20 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 120 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros)

Benxamín-Alevín-Infantil

Socio do club: Matrícula 35 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 135 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 75 euros (Total: 200 euros)

Os alumnos/as da ED recibirán un pack deportivo con material de primeirísima calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, camiseta, mochila, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. O club encargarase de xestionar o material para cada neno/a (importe: 150 euros).

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.

Horario de atención ao público

De luns a xoves: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas

Venres: 10.00-15.00

29 de agosto de 2016 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.