publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Terceiro posto de Akka Essaadaoui na Pobra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalDeportesPontevedra
A-
A+

Os atletas da Sociedade Ximnástica retoman aos poucos a actividade atlética despois dunhas merecidas vacacións, participando nas carreiras populares que durante o verán levan uns anos proliferando pola xeografía galega.

Até a localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, desprazouse Akka Essaadaoui, para participar na oitava edición da súa carreira popular, Memorial Jesús Huerta, que se encadra este ano dentro do circuíto Arousa Norte de carreiras populares.

Akka fíxoo moi ben nos pouco menos de 8 quilómetros do percorrido, entrando en meta en terceira posición.

Tamén estivo presente o novo atleta infantil Hugo García, que na distancia sub-16, asinou un brillante terceiro lugar, fronte a corredores de maior idade que el.

Nel, xa encima, mes de setembro, retomarán os adestramentos a maioría dos atletas da Sociedade Ximnástica para preparar a tempada 2016/2017.

30 de agosto de 2016 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.