publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Salceda de Caselas devolve 635 euros de media aos seus empregados públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas (Movemento Salceda) ven de autorizar o pago do 50% restante do importe da paga extra de Nadal de 2012 aos seus empregados públicos que por aplicación do Real Decreto Lei 20/2012 do 13 de xullo deixaran de percibir este ingreso.

 Con esta medida que viña contemplada nos orzamentosmunicipais 2016 e que entraron en vigor recentemente, un total de 44 empregados/as van recuperar unhacantidade total de 27.971 €  que verán reflexada na nómina deste mes.

O Concello de Salceda xafixera o ano pasado o pago do outro 50% acolléndose a Lei36/2014 de 26 de decembro e ao RDL 10/2015 de 11 de setembro, que deixaban liberdade aos Concellos para proceder á devolución desa porcentaxe e deixando a partir do 2016 o restante. Para iso, era condición indispensable contar co informe favorable de Intervención no cal se aconsellase que a situación económico-financieira do Concello fixese posible esta devolución, condición que se deue se sigue a dar no caso de Salceda de Caselas e segundo se conclúe no informe a Interventora Municipal.

O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas, sempre se amosou en contra da medida da retirada da Paga Extra do ano 2012 e que fora aprobada polo Goberno do Estado, polo que agora se acolle á opción da devolución do 100% que permite a Lei, unha vez que se dan as circunstancias económicas precisas no Concello para poder levar a cabo esta devolución.

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda e Persoal de Movemento Salceda: “seguimos a defender a nosa posición do 2012, cando nos amosábamos en contra da retirada, por Lei e por parte do Estado, dundereito básico dos/as traballadores/as. Ante esta posibilidade legal, o Equipo de Goberno así o demostra, acolléndose á posibilidade de reintegro duns ingresos que nunca deberon ser retirados”

Loli Castiñeira, Alcaldesa Accidental de Salceda: “Os/as Empregados/as Públicos/as pagaron unha crise da cal non eran culpables, con contínuos recurtes e perda de dereitos. Queremos pensar que esta non sexa unha medida electoralista e que realmente o Goberno restitúa os dereitos adquiridos dos/das traballadores/as”.  

29 de agosto de 2016 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.