publicidade hoxe

Rosa Quintana destaca a importancia das carpintarías de Ribeira para o desenvolvemento da pesca artesanal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá no acto de presentación do libro “A arquitectura das carpintarías de ribeira en Galicia”, do escritor Óscar Fuertes Dopico. Durante o acto, Rosa Quintana, destacou a importancia das carpintarías de ribeira como ferramentas fundamentais para o desenvolvemento da pesca artesanal.

A obra fai unha análise da importancia destes edificios como espazos fundamentais para a construción de buques en madeira. A conselleira enxalzou o libro de Fuertes Dopico porque con el contribúese “ao mantemento desa esencia que supuxo a construción naval en madeira na nosa Comunidade, que debemos manter e fomentar”, dixo.

A conselleira eloxiou o proxecto de Óscar Fuertes por dar a coñecer a historia das carpintarías en madeira existentes na actualidade, das características dos procesos de construción e da actividade que se realiza nelas, construcións dixo, “que deben seguir sendo parte dos pobos como símbolos dun saber secular”.

Datos do libro

“A arquitectura das carpintarías de ribeira en Galicia”, publicado pola Xunta de Galicia, é unha tese que recolle todos os datos históricos e contemporáneos da carpintaría de ribeira na nosa Comunidade. Nela o autor relata todos os aspectos precisos para deseñar, proxectar e construír un buque en madeira e tamén a importancia deste tipo de instalacións para as vilas costeiras galegas.

30 de agosto de 2016 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.