publicidade hoxe

Román Rodríguez e o alcalde Cotobade interésanse polas demandas dos representantes das Anpas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, mantiveron unha reunión cos representantes das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Anpas) dos centros públicos do municipio e interesáronse polas súas principais demandas. Asimesmo, o titular autonómico e o rexedor local tamén informaron das obras que están actualmente en marcha, por un importe superior aos 152.000 euros, co obxectivo de mellorar os servizos educativos de cara ao vindeiro curso académico, que arrancará en toda Galicia en menos dun mes.

Rodríguez e Cubela, tras recibir unha opinión satisfactoria dos traballos que se están a levar a cabo nos centros públicos, recolleron algunhas das principais inquedanzas dos representantes das Anpas, aínda que as demandas máis importantes están realizadas ou en marcha. Neste senso, ambas partes agradeceron o encontro e emprazáronse a manter aberto esta fluída comunicación en aras de que os cativos teñan os centros nas mellores condicións.

Polo demais, o conselleiro explicou, ante o proceso de fusión que Cotobade ten aberto con Cerdedo, que os servizos educativos públicos dependen de ratios de alumnos e doutras circunstancias de carácter técnico, polo que garantíu que a agrupación municipal non causará ningunha merma aos mesmos. Ao respecto, Cubela apostillou que a intención do Concello pasa incluso por mellorar os servizos educativos e sanitarios en colaboración coa Xunta tendo en conta que o novo concello vai ter máis poboación, superando os 6.000 habitantes.

Finalmente, Román Rodríguez informou que na actualidade se están a realizar obras por valor de 152.000 euros nos colexios públicos de Carballedo e Tenorio. No primeiro deles estase a renovar a cuberta do patio para correxir as pingueiras e vaise dotar dun moderno depósito de gasóleo e sistema de saneamento, mentres que no segundo estase procedendo á construción dun novo muro de contención co que se pretenden solucionar as deficiencias detectadas na zona do patio lindeira coa estrada que leva ao instituto e coa N-541. Así, vaise proceder ao desmontaxe do valado afectado polo desmoroamento de terras a causa do desnivel existente e construirase un muro de peche en pedra do país. A actuación completarase coa dotación dunha canle de evacuación de augas, a substitución dos valos que estean deteriorados e o pintado completo do peche do patio. Neste centro tamén vaise mellorar todo o sistema de fontanería.

19 de agosto de 2016 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.