publicidade hoxe

Ribadumia reduce custos fixos e contrata novos servizos fundamentais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que este ano 2016 esta a ser ano de análise de custos buscando a súa redución no posible, e así como cubrir as instalacións do Concello de todos os servizos precisos para o seu correcto e óptimo funcionamento.

Neste sentido leváronse a cabo diferentes actuacións para mellorar o rendemento e diminución de custos fixos. O primeiro caso esta na contratación da instalación de alarmas, mantemento das mesmas e seguimento. Deste xeito, antes do 2016 o servizo estaba contratado con dúas empresas que supuñan un custo fixo anual de preto de 7000 €, e duplicar as labores o ser dúas empresas as xestoras. O cambio supón centrar todo o servizo nunha única empresa encargada da instalación e mantemento. Dito cambio supón unha redución pasados os 4 primeiros anos que alcanzará o 60 %, co que en 2 anos tense recuperado a inversión.

Perseguindo o obxectivo de mellora, véñense realizando diferentes análises que poñen o descuberto carencias. Unha das primeiras que se detectaron foi a falta dun contrato para o servizo DDD o que supuña que en caso de aparecer algún tipo de praga se tiña que comezar a xestión de cero en cada ocasión cos retrasos que isto supón na resolución.

Para evitar os inconvenientes que dita falta de prevención supuña, levouse a cabo a contratación dun servizo DDD ( Desinfección, desratización e desinfección) que supón un custo anual aproximado de 2600 €, e que en caso de ser preciso asegura que o Concello poida ter unha resposta rápida e sen custes adicionais. Deste xeito elimínase a incertidume e por tanto gastos adicionais innecesarios.

Posto que con este contrato haberá un seguimento nas diferentes instalacións do Concello, así como actuacións sen custe algún no exterior das mesmas.

Outros servizos foron os afectados por melloras tanto en custe como en xestión, de tal xeito por exemplo a telefonía foi outra das áreas revisadas. Para mellorar a xestión da telefonía e de internet levouse a cabo a contratación dunha empresa que realiza esta labor e que supuxo un aforro nas tarifas contratadas que se aproxima os 3000 € anuais ademais dos análises periódicos para buscar sempre melloras e maiores reducións.

En canto as analíticas de auga que se realizan en diferentes áreas e puntos do Concello, levouse a cabo un cambio na empresa das augas que realiza ditos estudos ca ansia de continuar con esa redución de custes e o mesmo tempo ampliar as análises realizadas, xa que a partir de agora realízanse tamén estudos de lexionela en zonas de uso de auga quente, por exemplo nas zonas de vestiarios.

25 de agosto de 2016 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.