publicidade hoxe

Restricións no estacionamento nas rúas Compostela, Casal Aboy e Colón en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Debido aos traballos de pintado de sinalización horizontal, mañá mércores dende as 8:00 da mañá non se poderá estacionar na rúa Compostela nin tampouco na rúa Casal Aboy dende o cruzamento coa rúa Compostela até a rúa Irmáns Maristas. 

Lémbrase tamén que debido aos traballos de asfaltado e pintado da sinalización na rúa Colón estará prohibido o estacionamento en toda a rúa dende o cruzamento con Martínez Padín e Augusto González Besada ata a ponte do tren.

16 de agosto de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.