publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rescatan aos catro tripulantes dunha embarcación accidentada en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaSucesos
A-
A+
Europa Press

Catro persoas foron rescatadas durante a noite deste domingo na localidade pontevedresa de Moaña despois de sufrir un accidente coa embarcación na que viaxaban, que chocou contra unha batea.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 23,30 horas da noite, cando os tripulantes alertaron de que a embarcación quedara encaixada nunha batea.

Até o lugar desprazáronse efectivos do servizo de Gardacostas, a Garda Civil e Protección Civil. Salvamento Marítimo enviou á zona á Salvamar Mirach, que se encargou de rescatar aos catro tripulantes.

29 de agosto de 2016 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.